Resólvense os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019

Xov, 20/06/2019 - 09:54
Resólvense os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019

Resólvese a VIII edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora.

A Comisión de Selecciónlogo de avaliar as curtas presentadas á VIII edición de Nós tamén creamos!, resolveu outorgar os seguintes premios:

Categoría 1: 2.º ciclo de educación infantil
Cantas pingas na cidade
do CEIP Ponte dos Brozos. Arteixo. A Coruña

Categoría 2: 1.º e 2.º cursos de educación primaria
Andrés cabeza abaixo
do CEE Terra de Ferrol. Ferrol. A Coruña

Categoría 3: 3.º e 4.º cursos de educación primaria
Maruxa, 
do CEIP Poeta Avelino Díaz. Meira. Lugo