Título node Learning object

Premio de Curtametraxes Alice Guy-Blaché
Mér, 22/05/2019 - 12:46
Premio de Curtametraxes Alice Guy-Blaché

Baixo o lema Facemos Historia pola Igualdade a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca o I Premio de Curtametraxes Alice Guy-Blaché, que leva o nome da primeira muller cineasta, directora de máis de mil filmes e pioneira en explorar o cinematógrafo como canle privilexiada para contar historias.

Os centros poderán presentar producións audiovisuais onde se recreen acontecementos históricos, se acheguen á vida ou logros de figuras relevantes, a recuperación de discursos ou voces que loitaron en prol da igualdade en distintos países, culturas e épocas. Deste xeito, o alumnado poderá combinar o labor de investigación coas destrezas artística e creativa.

Destinatarios:  todos os centros docentes públicos de educación primaria, ESO e Bacharelato ou FP Básica

Prazo de presentación: ata o  15 de novembro do 2019.