Apertura de prazo para as persoas interinas e susbstitutas que queira solicitar, se fose o caso, a non participación na elección de destinos para o próximo curso (CADP)

Xov, 16/05/2019 - 11:39

Ábrese un prazo - desde o 15 ata o 31 de maio, ambos incluídos - para que o persoal interino ou substituto poida solicitar a non participación na elección de destinos para o curso 2019-2020 (CADP), sempre que estean nalgunha das situacións que lles permita facelo.

As persoas interesadas deberán facer a solicitude a través da páxina www.edu.xunta.gal/substitutos onde teñen toda a información relativa a este tema.