18.700 persoas concorrerán ás oposicións da Consellería de Educación
O procedemento selectivo dará comezo o día 22 de xuño
Convócanse 2.064 prazas en 36 especialidades
18.700 persoas concorrerán ás oposicións convocadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos distintos corpos docentes, segundo os datos compilados ao peche do prazo para presentar as solicitudes. Convocáronse 2.064 prazas en 36 especialidades. Do total das prazas desta oferta de emprego público, 1.122 son relativas á taxas de reposición, 666 á estabilización de emprego temporal e 276 son prazas de promoción interna.
O sorteo público dos tribunais terá lugar o día 22 de maio de 2019. Para aquelas persoas que teñan que realizala, a proba de acreditación de coñecemento do galego terá lugar o día 7 de xuño de 2019, ás 18 horas, no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela); mentres que os que teñan que acreditar o seu coñecemento do castelán a proba será tamén o 7 de xuño, ás 17 horas, no mesmo centro educativo.
O procedemento selectivo dará comezo o día 22 de xuño de 2019. O acto de presentación de asistencia obrigatoria para todos os aspirantes celebrarase ese mesmo día ás 9 horas.
A distribución de prazas e persoas inscritas por especialidades é a seguinte:
Corpo de profesores de ensino secundario
Especialidade |
Prazas |
Persoas inscritas |
Filosofía |
25 |
236 |
Lingua Castelá e Literatura |
55 |
692 |
Xeografía e Historia |
55 |
1008 |
Matemáticas |
120 |
750 |
Física e Química |
30 |
574 |
Bioloxía e Xeoloxía |
35 |
726 |
Francés |
55 |
256 |
Inglés |
40 |
888 |
Portugués |
4 |
45 |
Educación Física |
40 |
447 |
Tecnoloxía |
45 |
546 |
Lingua Galega e Literatura |
60 |
539 |
Economía |
65 |
291 |
Administración de Empresas |
50 |
253 |
Formación e Orientación Laboral |
60 |
693 |
Informática |
30 |
230 |
Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos |
20 |
75 |
Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica |
15 |
98 |
Procesos na Industria Alimentaria |
15 |
258 |
Sistemas Electrónicos |
15 |
100 |
Total |
834 |
8705 |
Acceso ao corpo de profesores de ensino secundario (A2-A1)
Especialidade |
Prazas |
Persoas inscritas |
Filosofía |
8 |
7 |
Lingua Castelá e Literatura |
18 |
4 |
Xeografía e Historia |
18 |
12 |
Matemáticas |
40 |
4 |
Física e Química |
10 |
5 |
Bioloxía e Xeoloxía |
12 |
5 |
Francés |
18 |
5 |
Inglés |
13 |
24 |
Educación Física |
13 |
33 |
Tecnoloxía |
15 |
6 |
Lingua Galega e Literatura |
20 |
3 |
Economía |
22 |
4 |
Administración de Empresas |
17 |
1 |
Formación e Orientación Laboral |
20 |
18 |
Informática |
10 |
11 |
Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos |
7 |
11 |
Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica |
5 |
16 |
Procesos na Industria Alimentaria |
5 |
9 |
Sistemas Electrónicos |
5 |
6 |
Total |
276 |
184 |
Corpo de profesores técnicos de Formación Profesional
Especialidade |
Prazas |
Persoas inscritas |
Instalacións Electrotécnicas |
30 |
137 |
Mantemento de Vehículos |
30 |
127 |
Mecanizado e mantemento de Máquinas |
18 |
62 |
Peiteado |
15 |
106 |
Procesos de Xestión Administrativa |
45 |
357 |
Total |
138 |
789 |
Corpo de profesores de Escolas Oficiais de Idiomas
Especialidade |
Prazas |
Persoas inscritas |
Inglés |
30 |
143 |
Total |
30 |
143 |
Corpo de profesores de Música e Artes Escénicas
Especialidade |
Prazas |
Persoas inscritas |
Piano |
8 |
128 |
Linguaxe Musical |
8 |
97 |
Total |
16 |
225 |
Corpo de mestres
Especialidade |
Prazas |
Persoas inscritas |
Educación Infantil |
135 |
2736 |
Lingua Estranxeira: Inglés |
65 |
587 |
Lingua Estranxeira: Francés |
70 |
153 |
Educación Física |
40 |
585 |
Música |
55 |
346 |
Pedagoxía Terapéutica |
125 |
997 |
Audición e Linguaxe |
100 |
637 |
Primaria |
180 |
2147 |
Total |
770 |
8188 |
A maiores, outras 466 persoas inscribíronse nas oposicións para a adquisición dunha nova especialidade, isto é persoas que xa son funcionarios de carreira e desexan ser titulares dunha especialidade máis.