Orde do 30 de maio de 2011 pola que se convocan axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios nas universidades do S.U.G. que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos

Mér, 15/06/2011 - 09:18

Xúntase a Orde do 30 de maio de 2011 pola que se establece o procedemento de con­cesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.

  • O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2011.