Título node Learning object

Conversa con Brigitte Vasallo
Mar, 26/03/2019 - 09:52
cartel

A Casa das Mulleres Xohana Torres, dentro do ciclo "Pensar o amor no Século XXI", organiza o próximo venres unha "Conversa con Brigitte Vasallo", escritora, formadora, activista LGTB e feminista. A encargada de presentala será Mercedes Peón.

Data: venres 29 de marzo de 2019
Hora: 19.30
Lugar: o evento desprázase da Casa das Mulleres Xohana Torres á Igrexa da Universidade por cuestión de aforo (Santiago de Compostela)
Inscrición: para esta actividade as prazas son limitadas e é preciso inscribirse en territoriodasmulleres@gmail.com.
 

 

O ciclo remata o venres 5 de abril coa mesa redonda "Sufrajitsu. A autodefensa na historia do movemento feminista". Este acto preséntao Noa Morales, concelleira de Mocidade e Deporte e contará coa intervención de Antía Pérez Caramés, profesora na Facultade de Socioloxía da UDC, e de Cristina López Villar, profesora na Facultade de Ciencias do Deporte da UDC.