Título node Learning object

As veciñas opinan do Xalo
Lun, 25/03/2019 - 18:04
logo

A Universidade de Santiago de Compostela organiza un coloquio sobre o proxecto "As Veciñas Opinan do Xalo". A enxeñeira e investigora Beatriz Rodríguez-Morales ofrecerá xunto con outras participantes no proxecto 'As Veciñas Opinan do Xalo' un coloquio sobre a iniciativa sobre o uso e a xestión do monte comunal do Xalo, posta en marcha en Culleredo. A sesión servirá para coñecer grao de participación das mulleres na súa gobernanza e as achegas persoais e sociais que este monte do que son veciñas lles reporta. Tras a charla-coloquio clausurarase a exposición fotográfica complementaria "As Veciñas Opinan do Xalo", unha exposición que retrata da man das foto-autoras este proxecto participativo, e que aínda se pode visitar no Pavillón III da EPSE (a carón da cafetería).

Pódese consultar a información do evento nesta ligazón.

Lugar: Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñería (Lugo)
Día: mércores 27 de marzo de 2019
Hora: 17.00