Título node Learning object

Retos para garantir a igualdade no ámbito deportivo
Ven, 22/03/2019 - 13:34
portada do libro

O Concello de Pontevedra publicou o volume "Escolas deportivas municipais de Pontevedra: retos para garantir a igualdade". Nesta publicación ofrécense datos sobre as situacións de desigualdade detectadas e descríbense as boas prácticas recollidas nos distintos centros deportivos analizados.

O estudo foi realizado por Iria Vázquez Silva, profesora de socioloxía da Universidade da Coruña.

Pódese descargar a publicación na seguinte ligazón.