Título node Learning object

Xornada Talent Woman (A Coruña)
Ven, 15/03/2019 - 13:19
logo

Este mes de marzo terá lugar a xornada Talent Woman Galicia,  na que catro mulleres galegas destacadas no ámbito STEAM impartirán unha charla de 12/15 min para explicar o seu labor profesional desde a súa experiencia persoal no ámbito da medicina, da arte, da tecnoloxía e da empresa.

Logo das preguntas do público, haberá unha sesión de networking + cóctel para todas as persoas asistentes.

 

Nesta sesión contarase coa presenza das seguintes persoas:

  • Rosario García Campelo, especialista en oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
  • Soledad Penalta, artista, especializada en escultura de gran formato en acero e metais. Membro da Real Academia Galega de Belas Artes.
  • Luz Castro, doutora en informática. Socia fundadora da empresa galega Imaxin. Profesora e investigadora na Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña.
  • Raquel Lago, conselleira delegada do Grupo Lagos, empresa galega familiar que, con desenvolvementos tecnolóxicos propios, leva desde 1982 fabricando e instalando cabinas de pintura para avións, trens, madeira e industria en xeral.

Data: xoves 21 de marzo de 2019
Lugar: Fundación Paideia Galiza (Praza de María Pita 17, A Coruña)
Hora: 19.00 - 22.00