Resolución da convocatoria do concurso para elaborar unha exposición sobre a o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019, Antón Fraguas Fraguas
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocaron un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019 –Antón Fraguas Fraguas– e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.
Logo de finalizar o prazo de presentación de orixinais e de se reunir a Comisión de Selección, publícase a resolución cos centros gañadores do concurso-exposición.
A exposición gañadora do concurso na categoría A (educación infantil e primaria) foi “Antón Fraguas, con A de agarimo e F de folclore”, elaborada polo CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo.
A exposición gañadora na categoría B (ESO, bacharelato, FP e centros de ensinanzas especiais) foi "Insuela”", elaborada polo IES Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Pódese consultar a resolución no documento anexo.