Título node Learning object

Preséntase o libro "Feminismos. A historia cóntana as vencedoras"
Mér, 06/03/2019 - 10:59
portada do libro

A Secretaría Xeral de Igualdade acaba de editar, coa editorial Galaxia, a publicación Feminismos. A historia cóntana as vencedoras, da profesora Anna R. Figueiredo. A obra fai un percorrido pola historia do movemento feminista e inclúe un apartado dedicado á situación do feminismo e da muller en Galicia.

A obra está orientada a alumnado da ESO e de bacharelato, polo que se recomenda para a implementación das materias "Igualdade de Xénero" (1º/2º da ESO) e "Coeducación para o Século XXI" (1º de bacharelato). A publicación disporá de unha unidade didáctica para cada etapa educativa.

A obra será distribuída en todos os institutos de Galicia.

Ligazón á web da Secretaría Xeral de Igualdade