Título node Learning object

Fállase o concurso de carteis do 8M
Lun, 25/02/2019 - 10:31
carteis gañadores

Publicouse o fallo do Concurso de carteis convocado conxuntamente pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Secretaría Xeral de Igualdade para conmemorar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller.  Os centros gañadores foron os seguintes:

1ª categoría: 73 centros participantes de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO

  • 1º premio: Colexio Santo Ángel (Ourense)
  • 2º premio: CEIP Pío XII (Santiago de Compostela)
  • 3º premio: CEE Nosa Señora do Rosario (A Coruña)

 

 

2ª categoría: 44 centros participantes de 3º e 4º da ESO e bacharelato

  • 1º premio: IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras)
  • 2º premio: Colexio Santo Ángel (Ourense)
  • 3º premio: IES Río Cabe (Monforte de Lemos)

Pódense ver os carteis dos centros gañadores e consultar toda a información na seguinte ligazón.