Cincuenta centros educativos contarán este curso cun laboratorio de Radio na Biblioteca escolar

Trinta deles son de nova incorporación este curso, mentres que outros 20 continúan tras desenvolver esta iniciativa como proxecto piloto
Mar, 18/12/2018 - 11:48

Un total de 50 centros educativos de toda Galicia contarán este curso cun laboratorio de radio na súa biblioteca escolar a través do programa Radio na Biblio, impulsado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Deles, 30 son centros de nova incorporación neste curso 2018/19, mentres que os outros 20 continúan tras desenvolver esta iniciativa como un proxecto piloto no curso 2017/18. Todos eles forman parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe).

Para seleccionar os centros a Consellería tivo en conta a valoración acadada pola memoria da biblioteca do pasado curso 2017/18 (polo proxecto presentado, no caso dos centros que se incorporaron ao Plambe este curso) e a localización xeográfica dos centros, dando prioridade aos que se  atopan en concellos do ámbito rural.

O obxectivo deste programa é que o alumnado avance na adquisición das competencias informacionais e mediáticas, imprescindibles na sociedade actual. Así mesmo, procúrase estimular o papel das bibliotecas escolares como “centros creativos de aprendizaxes”, tal e como establece o Plan Lía 2016/20. Asemade, búscase ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo da comunidade educativa. Neste sentido cómpre sinalar que a posta en marcha de iniciativas de radio en centros educativos ten demostrado ser unha boa ferramenta para xerar dinámicas de comunicación, de apoio aos proxectos do centro, dos traballos elaborados polos alumnos, etc.

Centros de nova incorporación

Os centros que se incorporan neste curso ao proxecto son os seguintes:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

Brión

IES Brión

A Coruña

Cabana de Bergantiños

CPI As Revoltas

A Coruña

Carballo

IES Isidro Parga Pondal

A Coruña

Cedeira

IES Punta Candieira

A Coruña

Curtis

CEIP de Curtis

A Coruña

Melide

IES de Melide

A Coruña

Pontedeume

CEIP Plurilingüe de Andrade

A Coruña

Rianxo

CEP Xosé María Brea Segade

A Coruña

Ribeira

CEIP Heroínas de Sálvora

Lugo

Castro de Rei

CEIP Ramón Falcón

Lugo

Foz

CEIP de Foz nº1

Lugo

Viveiro

CEIP de Celeiro

Lugo

Viveiro

CEIP Plurilingüe de Covas

Ourense

Celanova

CEIP Plurilingüe Curros Enríquez

Ourense

O Pereiro de Aguiar

CEIP Ben-Cho-Shey

Ourense

A Pobra de Trives

CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso

Pontevedra

Bueu

CEIP da Torre-Cela

Pontevedra

Cambados

CEIP Enrique Barreiro Piñeiro

Pontevedra

Marín

CEIP de Seixo

Pontevedra

Moaña

CEIP de Seara

Pontevedra

Mos

CEIP Pena de Francia

Pontevedra

Poio

CEIP Plurilingüe de Chancelas

Pontevedra

Portas

CPI Domingo Fontán

Pontevedra

Redondela

CEIP de Laredo

Pontevedra

Sanxenxo

CEIP Plurilingüe Nantes

Pontevedra

Silleda

CEIP Ramón de Valenzuela

Pontevedra

Tomiño

CEP Pedro Caselles Beltrán

Pontevedra

Tui

CEIP Plurilingüe Tui

Pontevedra

Valga

CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo

Pontevedra

Vila de Cruces

IES Marco do Camballón

Centros de continuidade

Os centros que xa desenvolveron o proxecto no curso 2017/18 e continúan no presente son os seguintes:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

Coristanco

CEIP Canosa-Rus

A Coruña

Laxe

CPI Plurilingüe Cabo da Area

A Coruña

Malpica de Bergantiños

CEIP Milladoiro

A Coruña

Mazaricos

CEIP Víctor Sáenz

A Coruña

Muros

CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío

A Coruña

Porto do Son

IES de Porto do Son

A Coruña

Santa Comba

CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña

A Coruña

Vedra

CPI Plurilingüe de Vedra

Lugo

A Pobra do Brollón

CEIP da Pobra do Brollón

Lugo

Sober

CEIP Plurilingüe Virxe do Carme

Ourense

Lobios

CEIP do Xurés

Ourense

Vilar de Barrio

CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio

Pontevedra

Agolada

CEIP de Agolada

Pontevedra

Cerdedo-Cotobade

CEIP Plurilingüe de Carballedo

Pontevedra

Crecente

CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro

Pontevedra

A Estrada

CEIP de Figueiroa

Pontevedra

O Grove

CEIP Valle-Inclán

Pontevedra

A Lama

CEIP A Lama

Pontevedra

Meis

CRA de Meis

Pontevedra

O Rosal

CPI Manuel Suárez Marquier

 

Alfabetización informacional

Esta iniciativa enmárcase no desafío número catro do Plan LÍA 2016/20, referido ás  alfabetizacións múltiples, con medidas destinadas á mellora das capacidades lectoras do alumnado e no desafío número cinco da mesma estratexia, vencellado ás competencias AIFIN/AMI (alfabetización informacional/alfabetización mediática e informacional). Neste sentido, o Plan contempla como medida concreta a posta en marcha dun programa de radio escolar vinculado a biblioteca para a mellora da competencia informacional e mediática dos escolares

Ademais, o Plan recolle no seu desafío número dous diferentes medidas para promover a evolución de todas as bibliotecas escolares cara a laboratorios creativos de aprendizaxe, na medida en que estas se configuran como espazos físicos e simbólicos de oportunidade para desenvolver proxectos colaborativos conectados ao tratamento do currículo, así como para dar resposta aos intereses culturais e formativos dos membros da comunidade educativa.

Co fin de dar a coñecer esta experiencia ao conxunto da comunidade educativa galega, os materiais que se elaboren ao abeiro deste proxecto piloto poderán ser difundidos como exemplo de boas prácticas, cando así se considere, a través dos espazos web da consellería vinculados ao Plan LÍA.