A Comisión Escolar de Alertas suspende hoxe as actividades no exterior dos centros educativos no suroeste e oeste da Coruña, Rías Baixas, interior de Pontevedra e Mariña de Lugo

Non se suspende a actividade lectiva nin o transporte escolar

Mar, 18/12/2018 - 10:07

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender hoxe as actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica de suroeste da Coruña, oeste da Coruña, Rías Baixas (Ponteveddra), interior de Pontevedra e Mariña de Lugo, debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de ventos superiores a 100/120 quilómetros hora que comezará este martes e se prolongará ata as 15,00 horas. 

Cómpre sinalar que a suspensión se realiza neste momento porque os avisos de alerta se produciron onte ás 23:39 horas e esta madrugadas ás 5:02 horas.

En calquera caso, a Comisión decidiu que se manteña a actividade lectiva así como o transporte escolar en todos os centros educativos de Galicia. Aínda así, e como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf ).