O conselleiro de Educación clausura as Xornadas “A química e as novas xeracións” no campus de Ourense

Xov, 26/05/2011 - 19:00
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, claus
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, clausurou hoxe as xornadas “A química e as novas xeracións”, celebras no edificio Politécnico do campus de As Lagoas.

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, clausurou hoxe as xornadas “A química e as novas xeracións”, celebras no edificio Politécnico do campus de As Lagoas.

Durante a súa intervención o conselleiro valorou o esforzo feito pola Universidade para a divulgación da Química, axudando a achegar esta disciplina á vida cotiá, coincidindo co Ano Internacional da Química e coa reivindicación por parte da UNESCO do papel da científica Marie Curie. “Como ben dixo a propia Marie Curie “deixamos de temer o que aprendemos a entende”. Entendendo un pouco máis a química deixamos de vela como un elemento alleo ás nosas vidas e comprendemos a súa utilidade e beneficios”, dixo.

Ademais Vázquez Abad destacou a aposta pola calidade feita pola Facultade de Ciencias con este ciclo de conferencias, nas que “as novas e novos investigadores foron quen de amosar cara onde camiña a química e, con ela, o ser humano”.”En tempos difíciles, a excelencia marca o camiño e constitúe a diferenza. E optar pola propia savia, os investigadores novos que presentan os seus avances, resulta un xeito innovador de facelo”, engadiu.

Neste acto, rematado pola actuación do coro universitario, tamén estiveron presentes o decano da facultade de Ciencias, Pedro Araujo Nespereira e a vicereitora Victoria Jato.

A temática do encontro

As xornadas comezaron o pasado 30 de marzo, e desde entón pasaron polos quince relatorios máis de mil douscentos asistentes, entre os que destaca a asistencia de xente allea á universidade e interesada polos temas que neste encontro se trataron. Entre os puntos sobre os que versaron as actividades destaca a farmacia do presente e o futuro; a bioinformática; a química das augas termais de Ourense; os metais pesados e as boas prácticas no cultivo da vide, ademais da probabilidade e a predición en química. Os responsables dos relatorios foron expertos das universidade de Vigo, Santiago, Nova de Lisboa e Tras-os-montes.

Cómpre destacar que este ano conmemorouse o Ano Internacional da Química co gallo do centenario da concesión do primeiro Premio Nobel de Química a unha muller, Marie Curie.