Concesión das axudas correspondentes á modalidade de Proxectos de excelencia no ámbito do SUG da Orde do 23 de maio de 2018 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas de consolidación e estruturación de unidades de investigación para 2018

Mar, 20/11/2018 - 09:05

Resolución do 13 de novembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se conceden as axudas correspondentes á modalidade de Proxectos de excelencia no ámbito do Sistema universitario de Galicia, da Orde do 23 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018.