Orde do 6 de maio de 2011 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2010/2011

Ven, 20/05/2011 - 09:36

Xúntase a Orde do 6 de maio de 2011 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2010/2011.

  • O alumnado que, reunindo os requisitos indicados, desexe optar aos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2010-2011, deberá solicitalo no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data límite da avaliación final de segundo de bacharelato. No calendario xeral do curso 2010/2011, a CiUG establece o día 24 de maio como data límite da avaliación final.