Educación asina a adhesión do IES Eusebio da Guarda á rede de institutos históricos do Museo Pedagóxico de Galicia

A Xunta destinará un total de 12.000 euros para restaurar pezas de incalculable valor pedagóxico e histórico

Xesús Vázquez Abad recordou que o centro xa ten licitado o proxecto de execución das obras de reforma e que rematou o prazo de presentación de proxectos

Coa nova incorporación Galicia conta con seis centros históricos que abriron as súas portas no século XIX

Mér, 18/05/2011 - 11:15

Xesús Vázquez, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asino
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou esta maña con Isabel Ruso, directora do IES Eusebio da Guarda, de A Coruña, a incorporación do centro á Rede MUPEGA de Institutos Históricos

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou esta maña con Isabel Ruso, directora do IES Eusebio da Guarda, da Coruña, a incorporación do centro á Rede MUPEGA de Institutos Históricos.

O acto incluíuse dentro dun encontro realizado hoxe no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), en Santiago, con representantes dos centros membros da Rede MUPEGA aos que se lles comunicou que cada un deles recibira 2.000 euros para a restauración de pezas insubstituíbles, co que a cifra global que destinará a consellería será de 12.000 euros.

Cómpre destacar que a Rede está integrada polo IES Salvador de Madariaga, na Coruña; o Xelmírez I, en Santiago; o Lucus Augusti en Lugo; o Sánchez Cantón de Pontevedra; e o Otero Pedrayo de Ourense. Todos eles centros son centros que abriron as súas portas no século XIX e foron dotados de fondos acordes coa lei Pidal. Entre estes fondos destacan pezas de alto interés museístico, histórico e pedagóxico, obxectos únicos en España de valor incalculable valor, mapas, globos terraqueos, labores en taxidermia, trebellos de medición, balanzas de precisión e outros aparellos.

Durante a reunión os representantes dos centros aportaron diferentes ideas para a xeración de novos proxectos de actuación conxunta dentro da Rede, tamén se falou da posibilidade de que no futuro se incorporen á mesma novos centros que teñen unha longa traxectoria educativa. Por último aproveitouse a reunión para facer unha presentación aos centros da nova paxina web do MUPEGA.

A reforma do IES Eusebio da Guarda

Por outra banda ao longo do encontro o conselleiro recordou que xa rematou o prazo de presentación de proxectos para as obras de reforma do IES Eusebio da Guarda, proceso que foi licitado no mes de marzo, tal e como Vázquez Abad anunciou nunha visita na Coruña. Unha obra que ten un orzamento inicial de preto de sete millóns de euros destinados ás melloras e reformas precisas así como para a nova edificación.

A este proceso téñense presentado una ducia de arquitectos e equipos de arquitectura que aportan as súas ideas e propostas para modificar o proxecto básico que existía previamente, e ademais redactar o proxecto de execución derivado dos cambios que teñan proposto.

As propostas están pendentes aínda de valorar polos equipos técnicos da Consellería, que elixirá aquela que teña unha mellor relación entre o respecto ao caracter histórico do edificio, as novas funcionalidades que se precisan e o custe económico das solucións arquitectónicas propostas

Así a Consellería volve demostrar o seu compromiso coa mellora das instalación educativas e a dar resposta ás necesidades existentes nos centros, neste caso concreto cun centro que ten preto de 1.200 estudantes de educación secundaria obrigatoria; bacharelato; ciclos formativos relativos a turismo; programas de cualificación profesional inicial e no réxime de adultos en ESO e en bacharelato.