Listaxes definitivas de admitidos e excluídos das prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2018/2019

Lun, 10/09/2018 - 11:27

Resolución do 10 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a listaxe coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de  persoas excluídas, indicando a causa de exclusión; así mesmo, a relación de persoas adxudicatarias con indicación do centro docente no que están matriculadas, e a relación de suplentes, de ser o caso, de acordo co previsto no artigo 31 da Orde do 24 de maio de 2018 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2018/19 (DOG núm. 109, do 8 de xuño de 2018).

Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 11 de setembro e 10 de outubro de 2018), ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.