Vegalsa-Eroski e Política Lingüística conmemoran o Día das Letras Galegas con diverso material sobre Lois Pereiro

As dúas entidades promoven unha campaña con centos de carteis e 200.000 postais sobre poeta que se difundirán nos establecementos da empresa

O responsable de Política Lingüística e o director xerente de Vegalsa-Eroski presentaron esta mañá os materiais no concello de Betanzos

Esta iniciativa enmárcase no protocolo de colaboración asinado polas dúas entidades para o fomento do uso do galego

Ven, 13/05/2011 - 12:30
Anxo Lorenzo na presentación do material das Letras Galegas confeccionados en co
Anxo Lorenzo na presentación do material das Letras Galegas confeccionados en colaboración con Eroski

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a empresa Vegalsa-Eroski conmemoran o Día das Letras Galegas a través dunha campaña conformada por centos de carteis e 200.000 postais sobre o escritor homenaxeado este ano, Lois Pereiro, que se difundirán desde os establecementos cos que conta a empresa en Galicia.

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director xerente de Vegalsa-Eroski presentaron esta mañá no Eroski Center de Betanzos os materiais da campaña, nun acto que tamén contou coa presenza da alcaldesa do municipio, María Faraldo.

Esta iniciativa enmárcase no protocolo de colaboración que veñen de asinar a secretaría xeral e Vegalsa-Eroski para a realización de actuacións de dinamización lingüística na actividade e funcionamento da empresa. Deste xeito, Vegalsa-Eroski comprométese a promover o uso da lingua galega tanto no desenvolvemento da súa actividade como nas relacións comerciais e empresariais que estableza dentro da comunidade autónoma galega.

Compromiso das empresas co galego

Durante o acto, o secretario xeral gabou “o compromiso de Vegalsa-Eroski coa lingua galega”, ao tempo que incidiu “na importancia de que as empresas que operan en Galicia incorporen a responsabilidade lingüística ao ideario da súa responsabilidade social, que se pode concretar en compromisos de diversa natureza e alcance”.

Carteis e postais sobre Lois Pereiro

Por outra banda, Anxo Lorenzo explicou que as imaxes dos carteis e das postais sobre Lois Pereiro foron seleccionadas dos traballos premiados no Concurso-Exposición Letras Galegas que convoca a secretaría xeral e que nesta edición gañaron o CEIP de Laredo e a Escola de Arte Dramática de Galicia.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten dispoñibles desde hoxe no seu web os materiais das dúas exposicións galardoadas no concurso, aos que se pode acceder a través do enderezo electrónico www.xunta.es/linguagalega/lois_pereiro.

Declaracións de Anxo Lorenzo

Menús News node R

Departamento

Colectivo