Gran exito de Galicia ao resultar premiadas oito bibliotecas escolares no concurso nacional

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, da Consellería de Educación asistiu a entrega dos galardóns nun acto celebrado na Biblioteca Nacional, en Madrid

Galicia é a comunidade autónoma con máis bibliotecas galardoadas

Deste xeito recoñécese o labor de promoción da biblioteca como espazo para a mellora da calidade educativa

Mér, 11/05/2011 - 18:46
José Manuel Pinal na entrega de premios do concurso de Boas prácticas para a din
José Manuel Pinal na entrega de premios do concurso de Boas prácticas para a dinamización e innovación das bibliotecas escolares 2010

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, estivo presente hoxe na entrega dos premios do ‘Concurso Nacional de Buenas Prácticas para la dinamización e innovación de las bibliotecas de centros escolares 2010’, organizado polo Ministerio de Educación e celebrado na Biblioteca Nacional, en Madrid.

Uns premios que no 2010 recoñeceron o traballo de oito colexios e institutos galegos que levan a cabo diferentes iniciativas para que as súas bibliotecas sexan espazos dinámicos que actúen como recurso didáctico e integrador para a mellora da calidade do ensino.

Durante o desenvolvemento do acto, no que estivo presente o ministro de Educación, Ángel Gabilondo, tivo unha importante participación os representares do centro de Moaña, CEIP Quintela, que interveu coa lectura dunha cantiga de Alfonso X O sabio ademais de outras accións.

Estes galardóns recoñecen o traballo realizado polos centros escolares galegos do colexio rural agrupado (CRA) Mestra Clara Torres, de Tui, en Pontevedra na modalidade dirixida aos centros de educación infantil, primaria, especial e de persoas adultas.

Tamén foron premiados o CPI Tino Grandío, de Guntín de Pallarés, en Lugo; o CEIP de Cervo, tamén en Lugo; o CEIP Os Muiños, de Muxía, en A Coruña; o CEIP Quintela, de Moaña, en Pontevedra. E os IES de Monterroso, en Lugo; o de Fene, en A Coruña, e o Manuel Antonio en Vigo.

Bibliotecas galardoadas

Galicia é así a Comunidade Autónoma do Estado con máis bibliotecas galardoadas neste certame, con máis do 30% do total de premios, o cal foi destacado polo propio Gabilondo durante a súa intervención. Isto dá mostra do éxito que están a ter as diferentes medidas para o fomento da lectura e a dinamización destes espazos que está a desenvolver a Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Neste punto cómpre destacar o plan de mellora de bibliotecas escolares que esta a desenvolver a Consellería para crear infraestruturas básicas destinadas a mellorar a calidade do ensino con investimentos, formación e orientacións, sobre un modelo de biblioteca escolar e unha tipoloxía de actividades fan posible os bos resultados que se están acadando.

Os premios entregados hoxe dan mostra do éxito da estratexia de posta en valor das bibliotecas escolares e de fomento da lectura que continúa a desenvolver a Xunta de Galicia a través do Plan LÍA 2010/2015 de Bibliotecas Escolares para Lectura, a Información e a Aprendizaxe, que favorece a adquisición das competencias básicas do alumnado galego, mellora a súa comprensión lectora e estimula a lectura e o uso dea información por parte do alumnado; elementos fundamentais para o éxito escolar.

As bibliotecas, un recurso educativo integrador

Os oito centros premiados destacaron entre todos os participantes por ter nas súas respectivas bibliotecas un instrumento educativo integrador arredor do que se fomenta a mellora da calidade do ensino en toda a comunidade escolar. Así, os seus fondos son utilizados como fonte de información e de traballo nas distintas áreas e materias do currículo, e como ferramentas para mellorar as competencias lectoras e de aprendizaxe autónoma, ao tempo que se utilizan de forma natural as tecnoloxías da comunicación e información. Desta forma, as bibliotecas galardoadas constitúense en espazos nos que o alumnado adquire tanto competencia dixital, como coñecementos; aprende modos de buscar información, mellora a súa comprensión lectora e desenvolve a súa autonomía e iniciativa persoal.

Doutra banda, o xurado do concurso valorou especialmente a capacidade destas bibliotecas para implicar a toda a comunidade educativa – alumnas e alumnos, pais, nais e docentes –nas actividades desenvolvidas nelas; favorecendo así o traballo en grupo e o gusto pola lectura. Ademais tívose en conta a integración e atención da diversidade do alumnado con necesidades educativas específicas nestes espazos.

Menús News node R