Convócanse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización

Mér, 11/05/2011 - 09:05

Xúntase a Resolución do 22 de abril de 2011, da Dirección Xeral de Educación, For­mación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Prazos de matrícula:

  • Proba de xuño: 16 ao 27 de maio, ambos os dous incluídos.
  • Proba de setembro: o 1 e o 2 de setembro, ambos os dous incluídos.