Concesión das axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola UE, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2017/2018

Xov, 19/07/2018 - 08:58

Xúntase a Resolución do 11 de xullo de 2018 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 8 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2017/18.