Puntuacións provisionais do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor

Mar, 10/07/2018 - 13:56

Publicación das puntuacións provisionais asignadas na primeira fase do concurso aos aspirantes presentados á convocatoria do concurso de méritos específicos para cubrir prazas de persoal asesor na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Resolución de 6 de xuño de 2018, DOG do 13 de xuño).

  • O persoal aspirante poderá presentar as alegacións que estime convenientes contra a listaxe provisional, dirixidas á presidenta da comisión de selección, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte desta publicación, de acordo co artigo 3 da orde de convocatoria e ademais deberán presentarse por medio dun correo electrónico dirixido ao enderezo sxp@edu.xunta.es.