A Consellería de Educación achega o espectáculo “Mundo Lois” a máis de 600 escolares de Monforte de Lemos

Xesús Vázquez Abad estivo presenta na representación realizada hoxe no edificio multiusos da localidade lucense

A montaxe xira en torno á obra de Lois Pereiro, o autor de Monforte de Lemos ao que esta ano dedícase o Día das Letras Galegas

Lun, 09/05/2011 - 14:44
Xesús Vázquez Abad estivo presenta na representación realizada hoxe no edificio
Xesús Vázquez Abad estivo presenta na representación realizada hoxe no edificio multiusos da localidade lucense

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe a representación do espectáculo escénico audiovisual “Mundo Lois”, apoiado pola propia Consellería e polo director xeral do libro, da Consellería de Cultura, Francisco López. Xunto a eles tamén estivo a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, así como o xefe territorial de Educación na provincia, José Jesús Ramos Lemos.

A obra de teatro, representada en dúas sesións no edificio multiusos de Monforte de Lemos, estivo dirixida a máis de 600 escolares. Así en horario matinal estiveron presentes os estudantes de 3º e 4º da ESO dos IES Francisco Daviña Rey; Río Cabe; A Pinguela; e aos dos Padres Escolapios e Ferroviario. Pola tarde pasaran polo recinto as alumnas e alumnos de bacharelato dos mesmo IES e os de 3º e 4º da ESO da Fundación Terra de Lemos.

A montaxe

“Mundo Lois” é unha montaxe en torno á obra de Lois Pereiro, o autor de Monforte de Lemos a quen este ano esta dedicado o día das Letras Galegas. Trátase dun espectáculo escénico cun importante peso audiovisual que universaliza, non só a través da palabra senón tamén da imaxe, a obra poética de Lois.

Lois Pereiro deixou un legado poético cunha linguaxe moi concreta, e visual. Trátase dun universo de imaxes a través dos seus versos, que mostra a súa maneira de se enfrontar a medios, ilusións, ideas e paisaxes vitais que foi pouco a pouco percorrendo ata o momento da súa morte.

O apoio de Educación

A Consellería apoia este proxecto, baseado nos textos de Lois Pereiro, ideada por Antón Reixa, e adaptado por Lino Braxe, que ao mesmo tempo sóbese ao escenario xunto a Antela Cid. Cómpre recordar que debido á temática tratada na obra de Lois Pereiro, a actividade está enfocada á alumnas e alumnos dos últimos curso de ESO e aos estudantes de Bacharelato.

Grazas ao impulso de Educación “Mundo Lois” convertese nunha actividade que permite aos estudantes espectadores coñecer a traxectoria biog´rafica do poeta galego; valorar as dificultades ás que se viu sometido o autor no momento da creación da súa obra, ao tempo que se mostra a influencia que tiveron os retos históricos da época sobre a creación de Lois Pereiro; ademais a representación da a posibilidade de ver a literatura como un instrumento que describe a visión subxectiva que o autor tiña do mundo.