O conselleiro de Educación recibe a Montserrat Torné, directora xeral de Investigación e Xestión do Plan Nacional de I+D+i

No encontro tamén estivo presente José María Ocón, Subdirector xeral de infraestrutura científicas e de transferencia

Previamente reuníronse co director xeral de Universidades da Consellería e outros membros do seu gabinete para estudar o estado execución dos proxectos de infraestruturas científicas universitarias

Xov, 05/05/2011 - 19:13
O conselleiro de Educación recibe a Montserrat Torné, directora xeral de investi
O conselleiro de Educación recibe a Montserrat Torné, directora xeral de investigación e xestión do plan nacional de I+D+I

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu esta maña a Montserrat Torné, directora xeral de investigación e xestión do plan nacional de I+D+i.

A representante do Ministerio de Ciencia e Innovación desprazouse ata Santiago onde mantivo un encontro de traballo no que foi estudado o estado de execución dos proxectos de infraestruturas científicas universitarios, orzamentados con cargo ao Programa Operativo de Economía baseada no Coñecemento (POEC).

Cómpre recordar que ditos proxectos reciben fondos Feder polo 70% do importe total e se instrumentan a través de convenios asinados entre a Xunta e o Ministerio. Así desde o ano 2007 as universidades galegas están executando obras por valor de máis de 21 millóns de euros a cargo do POEC

Na reunión de traballo, celebrada na Consellería de Educación, ademais de valorar a situación destas infraestruturas e o seu correspondente seguimento, tamén se analizou o posible financiamento de novos proxectos.

Estiveron presentes o secretario xeral de universidades da Consellería, José Alberto Díez de Castro; José María Ocón, subdirector de Infraestruturas científicas e de transferencia do Ministerio de Ciencia e Innovación. Ademais asistiron María Jesús Tallón Nieto, subdirectora xeral de promoción científica e tecnoloxía universitaria da Consellería de Educación; e Benito Fernández, subdirector xeral do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.