Xesús Vázquez Abad entregou ao Proxecto Home Galicia o galardón á mellor inciativa privada do ano

Ramón Crespo, presidente da asociación, recibiu o premio na gala “Composteláns do ano”

Mér, 04/05/2011 - 12:47
Xesús Vázquez Abad entregou ao Proxecto Home Galicia o galardón á mellor inciati
Xesús Vázquez Abad entregou ao Proxecto Home Galicia o galardón á mellor inciativa privada do ano

O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, entregou a Ramón Crespo, presidente do Proxecto Home Galicia, o galardón Santiagosiete á Mellor iniciativa do Ano. O premio foi concedido no decurso da gala “Composteláns do Ano” que a devandita publicación celebrou en Santiago.

Os lectores da publicación Santiagosiete escolleron como Iniciativa Privada do Ano a: “Nova sede de Proxecto Home Galicia”, presidida por Ramón Crespo. Cómpre destacar que a Consellería apoia as acción desenvolvidas polo proxecto a través de diversos convenios de colaboración do mesmo xeito que A Fundación Amancio Ortega financiou no 2010 a viabilidade da nova sede de Proxecto Home Galicia que verá a luz proximamente. As novas instalacións estarán ubicadas na rúa Cottolengo.

Os acordos con Educación

No 2010 Vázquez Abad asinou con Crespo un convenio de colaboración en virtude do cal dáse apoio específico á oferta educativa que posibilite unha resposta concreta ás singulares demandas de formación das persoas acollidas no centro compostelán.

A través de este acordo promoveuse a matriculación destas persoas en centros públicos específicos de educación e promoción de adultos que oferte na educación secundaria pola modalidade semipresencial nas catro provincias galegas. Co nesta iniciativa poténciase a educación como ferramenta de integración social e de adquisición de hábitos e actividades positivas que favoreza no desenvolvemento e a maduración persoal, contribuíndo ao éxito do proceso terapéutico.

Así a Consellería puxo a disposición deste proxecto educativo catro profesores que coordinaran o desenvolvemento habitual das actividades académicas, prestando apoio nos procesos de matrícula, probas de avaliación, ou dando acceso aos programas de adquisición de libros de texto. 

Por outra banda Educación tamén asinou un acordo polo que as instalacións equinas do Proxecto Home en As Cernadas, Lugo, serán empregadas polos estudantes da Rof Codina a cambio de que está institución atenda todo o relativo á unidade de équidos, realizando diagnósticos anátomo- patolóxicos, así como análises de mostras e informes técnicos. Un convenio que para a Fundación Proxecto Home significou un paso máis na proceso de rehabilitación e reincorporación a sociedade activa, a través da comunidade terapéutica As Cernadas, xa que os animais son unha parte importante nestas etapas de recuperación.

Os nomeados aos premios

Os nominados ao Premio Santiagosiete Composteláns do Ano á Iniciativa Privada do Ano  foron: Inauguración do centro de negocios Quercus IP en Costa Vella; Nova sede de Proxecto Home Galicia; Primeira Convención Nacional de Directivos da Asociación para el Progreso de la Dirección (APD); Fundación do Club Financeiro de Santiago de Compostela; e Novo centro social e cultural Novacaixagalicia na praza de Cervantes.