Título node Learning object

Cursos de verán da USC relacionados co ámbito da igualdade
Mar, 29/05/2018 - 13:41
USC

Dentro da oferta formativa que ofrece a Universidade de Santiago de Compostela a través dos cursos de verán ofrécense os seguintes en relación co ámbito da igualdade:

  • A perspectiva de xénero no cine. Data: do 2 ao 6 de xullo. Lugar: Sala de Xuntas do Decanato da Fac. de Dereito da USC.  Programa.
  • A construción do xénero e o sistema de (in)xustiza. Data: do 19 ao 20 de xullo. Lugar: Fac. de Dereito da USC. Programa.
  • Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: xénero - violencias - coeducación - comunicación (XIV edición). Data: do 9 ao 13 de xullo. Lugar: Salón-Teatro do Auditorio Municipal de Lalín. Programa. Pódese consultar o tríptico informativo no documento PDF que se anexa ao pé.
  • Violencia de xénero: enfoque legal, social e psicolóxico. Data: do 11 ao 13 de xullo. Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira. Programa.