Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas das axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola UE, no marco do programa Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos no curso 2017/2018

Mér, 23/05/2018 - 14:02

Xúntase a Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas das axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2017/2018.

De conformidade co artigo 10 da Orde do 8 de marzo de 2018 pola que se establecen as basesreguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2017/2018, procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

  • Prazo de presentación de documentación do 24 de maio ao 6 de xuño de 2018.