Román Rodríguez reúnese cos participantes nas 11ª Xornadas da Asociación de Directivos de IES de Galicia

Mér, 04/04/2018 - 18:10
Román Rodríguez reúnese cos participantes nas 11ª Xornadas da  Asociación de Directivos de IES de Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse hoxe cos participantes na clausura das 11 Xornadas da Asociación de Directores e Directivos de IES de Galicia (A.D.D.I.G.A), aos que felicitou polo seu labor e agradeceu a súa implicación na mellora do sistema educativo galego.

A undécima edición deste encontro celebrouse en dous días no Museo Pedagóxico de Galicia e abordou asuntos como a autonomía, planificación e xestión dos centros educativos, os perigos das redes sociais, as ferramentas de xestión institucionais, os proxectos europeos ou os protocolos referidos á identidade dixital e ás urxencias sanitarias.