A Consellería de Educación e sindicatos do ensino acordan a sinatura dunha addenda para adecuar as listas de interinidades e substitucións aos centros plurilingües e seccións bilingües

Ao abeiro do novo texto crearanse listas específicas con aquelas persoas que acrediten dispoñer do nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencias para as Linguas

Deste xeito garántese que o ensino neste centros e seccións se impartirá por profesorado coa debida cualificación

Mar, 26/04/2011 - 17:10
A Consellería de Educación e sindicatos do ensino acordan a sinatura dunha adden
A Consellería de Educación e sindicatos do ensino acordan a sinatura dunha addenda para adecuar as listas de interinidades e substitucións aos centros plurilingües e seccións bilingües

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais CC.OO. (Comisións Obreira) e ANPE (Asociación Nacional de Profesores Estatales) veñen de acordar a sinatura dunha addenda ao Acordo do 20 de xuño de 1995 sobre o acceso a interinidades e substitucións na función pública docente, co fin de adecualo á normativa que regula os centros plurilingües e seccións bilingües na Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude deste acordo elaborarase, ademais das listas xerais, unha lista en cada especialidade que imparta áreas ou materias non lingüísticas con aquelas persoas que acrediten dispoñer do nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencias para as Linguas (MCERL). Ademais garántese que aquelas persoas da lista xeral que obteñan con posterioridade á sinatura da addenda o nivel B2 poderán solicitar ser incluídas na lista específica, integrándose na mesma en funcións da orde que lle corresponda pola orde da lista xeral.

Deste xeito garántese que as ensinanzas nestes centros plurilingües e seccións bilingües impartiranse por profesorado coa debida cualificación sen prexudicar ao profesorado que está nas listas de interinidades e substitucións e non posúe a devandita cualificación.

A este acordo adheriuse tamén o sindicato CSI-CSIF (Central Sindical Independiente y de Funcionarios).