Acordo entre a Consellería e as organizacións ANPE, CC.OO., CSI.F e FETE-UGT polo que se modifica a disposición adicional primeira do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regula o acceso do persoal docente interino e substituto

Mér, 07/03/2018 - 09:40

Xúntase a Resolución do 25 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSI.F e FETE-UGT polo que se modifica a disposición adicional primeira do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que imparte ensinanzas distintas das universitarias (publicado pola Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Diario Oficial de Galicia número 131, do 11 de xullo).