Conservatorio Superior de Música de Vigo

O Conservatorio Superior de Música de Vigo é un centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia no que se imparten as ensinanzas artísticas superiores de música nas especialidades de Composición, Interpretación, Musicoloxía, Pedagoxía e Produción e xestión. O Conservatorio Superior de Música de Vigo foi transformado en estatal, pasando a ser un centro dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mediante o Decreto 49/1989, do 6 de abril, publicado no Diario Oficial de Galicia o 12 de abril de 1989.

Máis información: