Resolución provisional da convocatoria para incentivar o funcionamento dos Clubs de lectura en centros públicos durante o curso 2017/2018

Ven, 24/11/2017 - 10:43

Xúntase a Resolución provisional da convocatoria da D.X. de Centros e Recursos Humanos de 1 de setembro de 2017, pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de titularidade da consellería que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial. Esta resolución  recolle a relación de centros aos que se lles concede unha asignación para esta finalidade, así como  a listaxe de centros excluídos por diversas causas.

  • Ábrese un prazo de cinco días naturais para a presentación de alegacións, no seu caso.