Román Rodríguez reúnese con Teresa Domínguez, Premio Nacional de Educación á carreira docente

Mar, 24/10/2017 - 19:26
Román Rodríguez reúnese con Teresa Domínguez, Premio Nacional de Educación á carreira docente

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión coa profesora Teresa Domínguez Pérez, que acaba de recibir o Premio Nacional de Educación á carreira docente. Directora do CRA Mestra Clara Torres de Tui, Domínguez é tamén profesora asociada na Universidade de Vigo, licenciada en Psicopedagoxía, diplomada en Ensino infantil e diplomada en Filoloxía española e francesa. Ademais, ten varias publicacións sobre diferentes ámbitos do contexto educativo como a implicación familiar ou o alumando con necesidades específicas de apoio educativo.

Este galardón, outorgado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, busca recoñecer a traxectoria de mestres ou profesores que contribuíron a mellorar a educación de maneira exemplar na súa comunidade ou ámbito educativo ao longo de toda a súa carreira docente.