Román Rodríguez recibe aos alumnos do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires

Ven, 29/09/2017 - 21:09
Román Rodríguez recibe aos alumnos do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo hoxe un encontro cos 26 alumnos de secundaria do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires, que se encontran de visita en Galicia acompañados polos seus profesores. O conselleiro estivo acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o secretario xeral de Cultural, Anxo Lorenzo, e a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez Reboredo.

Este instituto arxentino-galego abriu as súas portas no ano 1998 froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Centro Galicia de Bos Aires co obxectivo de desenvolver un programa educativo bicultural neste país.