Preto de 147.000 estudantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2017/18 este venres

A matriculación increméntase tan só nun 0,6%, á espera dos datos definitivos

A estes datos aínda habería que sumar o alumnado da FP, ensinanzas nas que a matrícula aínda non se pechou

Mér, 13/09/2017 - 12:21

Un total de 146.962 estudantes comezarán este venres, 15 de setembro, as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.

ESO

Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 90.679 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 1,4 % máis ca no curso 2016/17.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 

Centros públicos

Centros privados concertados

Centros privados non concertados

A Coruña

26.897 alumnos

9545 alumnos

896 alumnos

Lugo

6827 alumnos

1998 alumnos

281 alumnos

Ourense

5475 alumnos

3004 alumnos

186 alumnos

Pontevedra

24081 alumnos

10.651 alumnos

838 alumnos

Total

63.280 alumnos

25.198 alumnos

2201 alumnos

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu un 8,3% respecto do curso anterior.

 

    2016/17

   2017/18

A Coruña

1086 alumnos

985 alumnos

Lugo

518 alumnos

518 alumnos

Ourense

368 alumnos

332 alumnos

Pontevedra

1025 alumnos

 914 alumnos

Total

2997 alumnos

2749 alumnos

Bacharelato ordinario

Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 31.269 alumnos e alumnas comezarán o venres as clases de bacharelato ordinario en Galicia, o que supón un 0,4 % máis ca no curso 2016/17.

 

Centros públicos

Centros privados non concertados

A Coruña

10.792 alumnos

2411 alumnos

Lugo

3092 alumnos

282 alumnos

Ourense

2364 alumnos

551 alumnos

Pontevedra

10077 alumnos

1700 alumnos

Total

26.325 alumnos

4944 alumnos

No caso do bacharelato ordinario o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso é dun 2,7 % estudantes máis:

 

2016/17

2017/18

A Coruña

223 alumnos

243 alumnos

Lugo

93 alumnos

92 alumnos

Ourense

71 alumnos

57 alumnos

Pontevedra

228 alumnos

240 alumnos

Total

615 alumnos

632 alumnos

Ensinanzas de réxime especial

No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais o descenso do alumnado, ata os 13.496 estudantes, é do 3,8 % respecto do curso 2016/17.

A distribución por provincias e ensinanzas no curso 2017/18 é a seguinte:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Ensinanzas básicas nivel I

190 alumnos

185 alumnos

38 alumnos

267 alumnos

 680 alumnos

Ensinanzas básicas nivel II

200 alumnos

55 alumnos

41 alumnos

244 alumnos

540 alumnos

Ed. Secundaria adultos niveis I e II

1971 alumnos

525 alumnos

534 alumnos

2205 alumnos

5235 alumnos

Bacharelato presencial

823 alumnos

97 alumnos

143 alumnos

727 alumnos

1790 alumnos

Bacharelato semipresencial/distancia

2352 alumnos

477 alumnos

353 alumnos

711 alumnos

 3893 alumnos

Ensinanzas non regradas

280 alumnos

127 alumnos

300 alumnos

651 alumnos

1358 alumnos

Pola súa banda, o número total de estudantes nas ensinanzas artísticas e deportivas acada este curso os 11.518, un 1,3% máis ca no curso anterior.  En concreto, nas ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería, o alumnado será de 8783 alumnos, un 0,8% máis ca no ano académico 2016/17:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Conservatorios de música e Centros autorizados de música

  3544 alumnos

  1193 alumnos

 1028 alumnos

  3018 alumnos

  8783 alumnos

No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 335, un 2,3 % menos ca no curso 2016/17; mentres que nas de arte dramática haberá 161 alumnas e alumnos, un 3,8 % máis ca no ano académico anterior.

Así mesmo o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño medra un 0,4 % ata chegar aos 674 estudantes. Por outra banda, nos estudos superiores de deseño haberá 640 matriculados, un 6,1% menos ca no curso anterior; mentres que nos estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais haberá 81 alumnos, 3 máis ca no 2016/17. No caso das ensinanzas deportivas o incremento  de alumnado é do 16,6 %, acadando os 844 alumnos.

Formación Profesional

No caso da Formación Profesional – non incluída nos devanditos 146.962 estudantes- a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación, que serán difundidos en datas próximas. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que – contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnas e alumnos sexa de arredor de 51.000.

Centros escolares

Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Galicia

Educa. Primaria e Secundaria (1)

53

26

21

66

166

C. de ESO

18

3

2

16

39

C. de ESO e ensinanzas postobrigatorias

82

35

25

70

212

C. de ensinanzas postobrigatorias

46

12

12

32

102

C. de primaria, ESO e  ensinanzas postobrigatorias (1)

33

3

6

25

67

C. de adultos (2)

 

1

1

2

4

  1. Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.
  2. Inclúense nesta categoría os centros que imparten exclusivamente ensinanzas de adultos