OA

Que é un OA?

http://aprendeenlinea.udea.edu.co/lms/men/oac1.html

Definición
Ferramentas de creación
Exemplo de creación con Ferramentas

Exemplo de creación con MyUdutu

Exemplo de creación con Agrega

Exemplo de creación con CourseLab

Exemplo de creación con eXeLearning

Exemplo de creación con Constructor

Constructor

Ferramentas empaquetado e catalogación
Criterios e recomendacións técnicas

Texto

A información en formato texto pode presentarse en diferentes formatos: TXT, HTML, XHTML, PDF, DOC, ODT.

Imaxes

É moi recomendable que os autores de contidos sexan igualmente autores das imaxes e demais compoñentes multimedia dos traballos que desenvolven. Non obstante, cando exista a necesidade de incluír imaxes de libros, revistas ou outras obtidas de Internet, é indispensable incluír ao pé de cada imaxe a referencia de onde foi obtida coa finalidade de non obviar os dereitos de autor.

Ademais de inserir as imaxes no documento de texto do contido, é necesario que se entreguen nun cartafol á parte denominado “imaxes” todos os arquivos de imaxes que se utilizaron no traballo.

Recoméndase que os arquivos de imaxes se dixitalicen en formato PNG, GIF ou JPG (JPEG), de ser posible a unha resolución de 300 dpi. Cando se inclúan no contido imaxes que non sexan nítidas ou que teñan unha resolución inadecuada para a súa visualización, deberán substituírse por outras equivalentes que si cumpran estes requisitos.

Non obstante, cando se trate de diagramas, esquemas ou outro tipo de imaxe que non poida obterse dunha fonte distinta á que recorreu o autor, será necesario solicitar que se volva dixitalizar dende a súa fonte orixinal ou que a criterio do autor se substitúa por outra que cubra o mesmo propósito e que teña a resolución axeitada.

Todas as imaxes incluídas nos contidos deberán levar un descritor sobre o seu contido. Por exemplo, se nun tema se inclúe unha imaxe da pirámide de necesidades de Maslow, debaixo da imaxe deberá escribirse “pirámide de Maslow” ou algún outro texto descritivo de non máis de 50 carácteres ou 5 palabras.

Presentacións PowerPoint

Utilizar fontes tipo Arial (sen patíns) de xeito xerárquico: 32 pts. (títulos), 28 pts. (subtítulos) e 24 pts. (contidos).

Utilizar fondos que contrasten co texto para que poidan lerse con claridade. Recoméndase o uso de letras en cores claras (branco) sobre fondos escuros (negros, azuis, marróns, entre outros).

Cando se vaian incluír no traballo varias presentacións de diapositivas, hai que utilizar sempre os mesmos criterios gráficos.

Non incluír demasiado texto na presentación (non máis de 10 liñas por diapositiva).

Non invadir os bordos do recadro da diapositiva con imaxes nin texto, xa que probablemente estes bordos quedarán fóra do encadre da pantalla (establecer unha marxe imaxinaria de 2 cm. nas catro marxes da diapositiva).

Se se van utilizar gráficas ou imaxes, asegurarse de que son claras e visibles (evitar forzar o aumento de tamaño de imaxes pequenas porque se perderá a nitidez).

Vídeos

Deberán observar unha correcta dición e velocidade da fala.

Clara distinción de sons de apoio e que estes permitan escoitar distintivamente a voz do narrador e que se perciba con nitidez ou gravación ou transmisión, segundo o caso.

É recomendable que o arquivo de vídeo non se reproduza automaticamente ao abrir o recurso, senón que o usuario poida controlalo a través dunha barra de botóns de reprodución.

Non se recomenda incluír nos materiais vídeos publicados en YouTube nin en páxinas de Internet, xa que non existe garantía da súa dispoñibilidade nin certeza sobre a autorización para o seu uso, mesmo con fins educativos.

Os arquivos de vídeo dixitalizados deberán entregarse en formato DivX, FLV,MOV, MPEG, WMV, AVI, Real Video ou Quicktime.

O tamaño dos arquivos de video non debe ser maior a 100 Mb para que poidan ser publicados na plataforma educativa.

Ademais de inserir os vídeos no recurso, é necesario que se entreguen nun cartafol á parte denominada “vídeos”, todos os arquivos de vídeos que se utilizaron no traballo.

Audio

Deberán observar unha correcta dición e velocidade da fala.

Os arquivos de audio dixitalizados deberán ser preferentemente WAV, Real Audio, Ogg, MP3 ou MP4.

É recomendable que o arquivo de audio non se reproduza automaticamente ao abrir o recurso, senón que o usuario poida controlalo a través dunha barra de botóns de reprodución.

Ademais de inserir os arquivos de audio no recurso, é necesario que se entreguen nun cartafol á parte denominado “audios”, todos os arquivos de audio que se utilizaron no traballo.

Animacións

A animación é un recurso moi útil para o desenvolvemento de aplicacións interactivas con propósito educativo. Neste sentido, é moi importante identificar a diferenza entre o que é pertinente presentar a través dunha animación e o que non.

Cando o noso interese é presentar unha situación que poida ser interpretada polo alumnado, probablemente se logre o mesmo impacto utilizando unha imaxe fixa, como pode ser unha fotografía ou unha ilustración.

Porén, cando requirimos que exista unha intervención do alumno nunha situación que implique movemento, co obxecto de observar un resultado específico producido pola súa intervención, estamos claramente ante un caso onde se xustifica plenamente utilizar unha animación.

Por outra parte, cando se requira a produción dunha animación complexa, recoméndase elaborar un guión. Os guións de animación deberán incluírse nun cartafol á parte denominado “animacións”.

Tanto os arquivos swf coma os fla (arquivos de desenvolvemento) das animacións, deberán incluírse nun cartadol  á parte denominado “animacións”.

Diversos formatos de arquivo permiten representar animacións nun ordenador e a través de Internet. Entre os máis coñecidos están SWF, GIF, FLV, EXE.

Actividades

Todas as actividades que se inclúan deberán respectar unha mesma nomenclatura e un criterio único de numeración (numeración por unidades, numeración de actividades de todo o curso), para efecto de non confundir os usuarios. Recoméndase aplicar o formato:

Tipo de actividade – Número de actividade – Nome de actividade.

En cada actividade, deberán especificarse as instrucións para o alumnado.

Accesibilidade

Os recursos deberán considerar o seu posible uso por parte de alumnado con necesidades educativas especiais: atendendo problemáticas de acceso (problemas visuais, auditivos, motores) e proporcionando interfaces axustables segundo as necesidades do usuario ( tamaño de letra, uso do teclado, rato ou periféricos adaptativos).

CRITERIOS

1.- Os tamaños de texto e elementos multimedia deberán ser o suficientemente grandes.

2.- As combinacións das cores de fondo e primeiro plano terán o suficiente constraste para que sexan vistas por persoas con dificultades de percepción de cor ou para a súa impresión en branco e negro.

3.- Todos os materiais cumprirán, no momento da súa publicación, a normativa expresada na Lei 34/2002, do 11 de xullo (disposición adicional quinta, apartado un) modificada pola Lei 56/2007, do 28 de decembro, en canto á accesibilidade das páxinas das Administracións Públicas en Internet.

As pautas e a lista de puntos que hai que verificar para determinar a conformidade cos criterios de accesibilidade de W3C pódense atopar en:

http://www.discapnet.es/web_accesible/wcag10/WAI-WEBCONTENT-19990505_es.html

Toda a información que se publique ou se desexe que saia publicada dende as páxinas da Consellería de Educación e O. U. intentará cumprir as normas referidas no nivel “A” ou “AA”. A política que debe seguir a Administración é que no futuro se poida aplicar “AAA”.

Debemos incorporar a accesibilidade como parte da metodoloxía de desenvolvemento do traballo. Como norma importante, cómpre sinalar que sempre que se comece un proxecto débese abordar o tema da accesibilidade nas primeiras etapas, xa que iso supón un esforzo menor que remodelar todo o desenvolto anteriormente.

A Consellería dispón dun programa de formación a distancia a través de PLATEGA (Plataforma de Teleformación Galega) con cursos de accesibilidade web.

- Seminario SIDAR en http://www.sidar.org/index.php

- Accesibilidade Xunta en http://www.xunta.es/accesibilidade

Maquetar contidos dixitais

OFE_OA

Proceso xeral da elaboración dun OA, almacenamento nun repositorio de OAs e integración nun Sistema de Xestión de Aprendizaxe.

OFE_OA1