SCORM

Que é SCORM?

É un estándar de paquetes de obxectos de aprendizaxe, é dicir, de pequenas unidades de aprendizaxe en soporte dixital,como, por exemplo, páxinas web. Un paquete non é outra cousa que unha serie de obxectos de aprendizaxe xuntos.

Para que non se perda a organización que lle deu o autor, cada paquete vai acompañado dun manifesto, é dicir, dun documento onde queda reflectido o contido e a orde ou secuencia que se pode seguir para lograr os coñecementos. O contido do manifesto son datos que proporcionan información dos obxectos de aprendizaxe que contén o traballo. O que está estandarizado é o manifesto, que non é outra cousa que un documento XML onde quedan reflectidos os metadatos (información) sobre a estrutura en que se organizan os obxectos de aprendizaxe. O manifesto é interpretado por unhas follas de estilo que transforman os metadatos escritos en linguaxe XML a linguaxe comprensible polos humanos. O paquete SCORM non é nada máis que un ficheiro comprimido en formato ZIP, que contén os obxectos de aprendizaxe, o manifesto e as follas de estilo que permiten interpretalo. Hai diferentes estándares sobre metadatos. SCORM é un estándar americano que ten como característica a facilidade de ser interpretado por diferentes ámbitos virtuais de ensino/aprendizaxe, como por exemplo Moodle.

Un contido SCORM é un contido que cómpre coas especificacións do modelo SCORM.

Un contido cómpre con SCORM se está:

Deseñado para ser exhibido nun navegador. Descrito por meta-datos.

 

Unha plataforma SCORM  é unha plataforma que compre coas especificacións do modelo SCORM. Unha plataforma compre SCORM se:

Pode aceptar calquera contido SCORM e poñelo dispoñible para que sexa visualizado e percorrido polos usuarios da plataforma.

  • Organizado como un conxunto estruturado de obxectos máis pequenos.
  • Empaquetado de tal xeito de que poida ser importado por calquera plataforma SCORM compatible.
  • Creado para ser portable, de forma que poida ser distribuído por calquera servidor web en calquera sistema operativo.

 

Tutorial en javeriana.edu.co