Resolución provisional das comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2017)

Mér, 19/07/2017 - 20:00

Resolución provisional de admitidos e excluídos de comisións de servizos por conciliación da vida familiar e laboral de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso académico 2017/18.

PRAZO DE RECLAMACIÓN:

  • O prazo de reclamacións comeza o día 20 de xullo de 2017 e remata o día 24 de xullo de 2017, ambos días incluídos.
  • As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Subdirección de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e O.U. en Santiago de Compostela por correo electrónico a:

 Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.es

 Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es