Admisión a ciclos formativos: 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2017/2018

Mar, 18/07/2017 - 08:28

Publicación das listaxes de persoas admitidas aos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 18 de xullo ata as 13:00 horas do luns 24 de xullo de 2017.