Formación Profesional Dual. Listaxe persoas admitidas e en espera. Convocatoria ordinaria 2017/2018.

Ven, 14/07/2017 - 15:09

Publicadas as listaxes de persoas admitidas e en espera, por centro escollido en primeira opción, aos proxectos experimentais de formación profesional dual de grao medio e grao superior.

As persoas con praza adxudicada deberán matricularse no centro adxudicado, en horario de oficina, ata o día 21 de xullo de 2017. De non formalizar a matrícula nestas datas, esas prazas serán ocupadas polas persoas en espera.

As persoas solicitantes que non figuran na listaxe de persoas admitidas ou na listaxe de persoas en espera están en situación de non seleccionadas.

Os centros con prazas vacantes poderán recoller solicitudes en virtude da ampliación do prazo.

Máis información.