A Consellería de Educación convocará as axudas para contratos predoutorais

Este ano a convocatoria beneficiará a investigadores en formación

Mar, 12/04/2011 - 10:50

A Consellería de Educación convocará as axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (Plan I2C) para o ano 2011. O obxecto do programa é outorgar axudas ás Universidades do Sistema Universitario Galego que contraten titulados superiores para a súa formación como doutores/as.

Nestes momentos estase a traballar coas universidades sobre unha primeira versión da convocatoria. Unha vez rematado o período de suxestións e melloras, e cando sexa efectivo o traspaso de competencias desde a Dirección Xeral de I+D+i comezará a tramitación da convocatoria, cuxa publicación se prevé no mes de xuño.

Será a primeira acción dos programas de apoio á formación de persoal investigador nas universidades dentro do novo esquema de carreira investigadora deseñada no plan I2C, para o quinquenio 2011-2015.