Proxectos experimentais de Formación Profesional Dual. Convocatoria 2017. Listaxe provisional de solicitudes

Lun, 03/07/2017 - 19:59

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión aos proxectos experimentais de formación profesional dual autorizados na Orde do 13 de xuño de 2017 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Os módulos sinalados cun asterisco (*) na listaxe corresponden con módulos xa superados ou validados do ciclo solicitado.