O programa ‘Atrévete’ premia os proxectos emprendedores de 38 estudantes de primaria e secundaria

Esta iniciativa, impulsada pola Consellería de Cultura e Educación, ten como obxectivo fomentar a cultura do emprendemento desde as aulas

Lun, 19/06/2017 - 13:40
O programa ‘Atrévete’ premia os proxectos emprendedores de 38 estudantes de primaria e secundaria

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe na entrega dos premios do programa Atrévete, que ten como obxectivo fomentar o espírito emprendedor entre os estudantes de ensinanza primaria e secundaria de toda Galicia. Nun acto celebrado no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia o titular do departamento educativo da Xunta salientou que a Consellería, a través do Plan Eduemprende, está fomentando desde as aulas, desde a base do sistema educativo, a cultura do emprendemento e unha sociedade receptiva ás melloras.

Neste sentido, explicou que a finalidade destes premios é recoñecer o esforzo, a iniciativa, a creatividade e a autonomía persoal do alumnado, “un recoñecemento ao voso trunfo como alumnos, pero tamén como persoas”. Así mesmo, quixo felicitar ás familias, ao profesorado e a todas as persoas que fan posible o pograma Atrévete pola súa implicación. Román Rodríguez quixo, ademais, destacar a participación das empresas neste programa, que vai medrando – o ano pasado participaron 6 asociacións empresariais, nesta edición 10-, e que supón o seu interese en colaborar na mellora do sistema educativo.

Atrévete está dirixido ao alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria e de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria de todos os centros sostidos con fondos públicos. Ao abeiro deste programa leváronse a cabo xornadas de fomento do emprendemento para os rapaces de ESO, que incluíron visitas ás sedes das empresas e das asociacións empresariais colaboradoras. Ademais, os centros de primaria seleccionados recibiron a visita dun empresario que lles narrou a súa experiencia como emprendedor.

Galardoados

No marco deste programa convocouse un ano máis o concurso Atrévete a ter unha idea!, no que o alumnado debía presentar de xeito individual unha boa idea de negocio, explicada nun máximo de dous folios. Os galardoados recibiron un lector de libro electrónico como premio. A Consellería outorgou dous premios por cada categoría – primaria e secundaria e FP- e por cada convocatoria territorial do certame. Deste xeito, os centros e alumnos premiados son os seguintes:

Atrévete A Coruña

Alumnos

Centros

Primaria

Ignacio Spósito Rivero

Ángela Rodríguez Gómez

CEIP Celso Emilio Ferreiro (Cerceda)

CPI Plurilingüe O Cruce (Cerceda)

Secundaria

Mar Brea Gauteir

Iván González Lorenzo

CPR Plurilingüe Andaina (Culleredo)

CPI Plurilingüe O Cruce (Cerceda)

 

Atrévete Ferrol

Alumnos

Centros

Primaria

Ana Gómez Alfaro

Adán López González

CPR Jorge Juan (Narón)

CEIP A Solaina (Narón)

Secundaria

Lidia Fernández Caaveiro

Borja Pérez López

IES Fernando Esquío (Neda)

IES Punta Candieira (Cedeira)

 

Atrévete As Pontes

Alumnos

Centros

Primaria

Carmela Docampo Puentes

Lucía Vila Ferreiro

CPI Monte Caxado (As Pontes de García Rodríguez)

CPI Monte Caxado (As Pontes de García Rodríguez)

Secundaria

África Morales Ferreiro

Eyob Santamariña Fernández

IES Castro da Uz (As Pontes de García Rodríguez)

IES Castro da Uz (As Pontes de García Rodríguez)

 

 

Atrévete Santiago

Alumnos

Centros

Primaria

Clara Colinas Bello

David Rey Liste

CEIP de Sigüeiro (Oroso)

CPR Plurilingüe Divino Maestro (Santiago de Compostela)

Secundaria

Laura Sabel Rivas

Lucía Fernández Caeiro

IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela)

IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela)

 

Atrévete Ribeira

Alumnos

Centros

Primaria

Albdelmouneim Houdd

Celia Blanco Pérez

CEIP Plurilingüe de Frións (Ribeira)

CEIP Plurilingüe de Frións (Ribeira)

 

Atrévete Lugo

Alumnos

Centros

Primaria

Iago Carreira Rodríguez

Bruno Llano López

CEIP Quiroga Ballesteros (Lugo)

CEIP Santa María (A Fonsagrada)

Secundaria

Naila Díaz Vilela

Joel Fouz Varela

IES Muralla Romana (Lugo)

IES Muralla Romana (Lugo)

 

Atrévete Vilalba

Alumnos

Centros

Primaria

Sara Puentes Antas

María García Anllo-Seco

CEIP Antonio Insua Bermúdez (Vilalba)

CEIP Antonio Insua Bermúdez (Vilalba)

Secundaria

Nicolás Acebedo Torrego

Victoria Andrea Veiga Maseda

IES de Fonmiñá (A Pastoriza)

IES de Fonmiñá (A Pastoriza)

 

Atrévete Ourense

Alumnos

Centros

Primaria

Sofía Muñoz Ferreira

Mía Macías Santalices

CEIP Vistahermosa (Ourense)

CEIP Vistahermosa (Ourense)

Secundaria

Markel Galán Candelas

Carla Ben Lago

IES O Ribeiro (Ribadavia)

CPR Pablo VI (A Rúa)

 

Atrévete Pontevedra

Alumnos

Centros

Primaria

María Soto Estévez

Lúa Pajares

CEIP Eduardo Pondal (Vigo)

CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro (Vigo)

Secundaria

María Pombal Piñeiro

Lara Abalde Hidalgo

IES As Barxas (Moaña)

CPR Mercantil (Vigo)

 

Atrévete Vilagarcía

Alumnos

Centros

Primaria

Rita Quintela Fernández

Paula Simeao Oubiña

CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro (Vilagarcía de Arousa)

CEIP O Piñeiriño (Vilagarcía de Arousa)

Secundaria

Lucía Chazo Bello

Irea Ferreiro Álvarez

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

IES Fermín Bouza Brey(Vilagarcía de Arousa)

 

Crecemento

Desde a súa primeira convocatoria no curso 2013/14 o Atrévete ten experimentado un importante crecemento. Non en balde, na súa primeira edición o certame desenvolveuse só en Ourense e Santiago, mentres que nesta última xa tomaron parte nel centros de ensino da Coruña, Ferrol, Santiago, Ribeira, As Pontes, Lugo, Vilalba, Ourense, Pontevedra e Vilagarcía. No referido ao número de participantes, tense duplicado desde a primeira edición, ata os 2317 na última. Do total de participantes no Atrévete, 970 son alumnos de 26 centros de primaria e outros 1347 son de 27 centros de secundaria e FP

Na edición 2016/17 o programa contou coa colaboración do CIFP Someso e da Asociación de Empresarios de Polígono de Sabón-Arteixo, do CIFP Ferrolterra e da Asociación de Empresarios de Ferrolterra, do CIFP Manuel Antonio (Vigo) do Círculo de Empresarios de Galicia e a participación de Manuel Montes; do CIFP Politécnico de Santiago, da Asociación Área Empresarial do Tambre, do CIFP Politécnico de Lugo, da Confederación de Empresarios de Lugo e a Fundación CEL; do CIFP A Farixa, da Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao; do CIFP Coroso e da Asociación de Empresarios de Riveira; do IES Lois Peña Novo e da Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes; do IES Fermín Bouza Brey e da Federación de Empresarios de Arousa; e do IES Castro da Uz  e da Asociación de Empresarios Seara.

Esta iniciativa enmarcada no Plan Eduemprende, ten como principal finalidade fomentar motivar e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e impulsar unha nova cultura emprendedora. Nesta liña, lévanse a cabo distintas actividades para que os estudantes -a través do seu profesorado- coñezan de primeira man o tecido industrial da súa contorna e, en concreto, as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras.