O conselleiro de Educación visitou o Centro ASPANAES da Coruña

Ven, 01/04/2011 - 16:50
O conselleiro de Educación visitou o Centro ASPANAES da Coruña
O conselleiro de Educación visitou o Centro ASPANAES da Coruña

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, estivo hoxe no centro Aspanaes da Coruña. Unha visita que coincidiu coa celebración do Día Mundial do Autismo, e na que destacou a importancia dos centros de educación especial “básicos para o desenvolvemento dos alumnos con necesidades específicas”. Cómpre destacar que o centro conta con sete das vinte unidades concertadas para este alumnado que existe na provincia da Coruña.