O conselleiro de Educación asiste a reunión do xurado XV premio internacional Grupo Compostela- Xunta de Galicia

Xesús Vázquez Abad estará acompañado polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, no acto que se celebrará esta tarde en Santiago

Ven, 01/04/2011 - 10:07

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistirá esta tarde á reunión do xurado do XV premio Internacional Grupo Compostela- Xunta de Galicia que se celebrará no Pazo de San Xerome.

O gañador desta edición será decidido polo xurado que estará conformado polo presidente do Grupo Compostela de Universidades, Maurits van Rooijen; os reitores das universidades de Santiago e Vigo, Juan Casares Long e Salustiano Mato de la Iglesia respectivamente. Tamén estará o secretario xeral de Universidades da Consellería de Educación, José Alberto Díez de Castro e a reitora da Philips- Universität Marburg (Alemaña), Katharina Krause.

O premio

Cómpre recordar que este premio anual, instaurado polo Grupo Compostela, e co apoio da Xunta de Galicia, condecora ás persoas o institución cun traballo destacado a favor da difusión de proxector e ideas de alcance internacional, e con especial relación á promoción dun ideal común europeo, a educación e a preservación da nosa herdanza cultural. Esta edición é a que máis candidatos acumula, chegando ata trinta. O premiado recibirá o seu galardón nun acto que se celebrará o vindeiro mes de setembro na Universidade de Miño, en Portugal.

Nas anteriores edición os premios foron para Jacques Santer (1997), ex presidente de la Comisión Europea; Václav Havel (1998), presidente de la República Checa; o director de orquestra alemán Helmuth Rilling (1999); o escritor neerlandés Cees Nooteboom (2000); a fiscal xefe do Tribunal para a ex Yugoslavia e Ruanda, Carla del Ponte (2001); o arquitecto portugués Álvaro Siza (2002); o investigador e catedrático de la USC Manuel Díaz y Díaz (2003); o psicolingüista catalán Miquel Siguán Soler (2004); o historiador, diplomático e político Wladyslaw Bartoszewski (2005); o Grupo de Helsinki sobre mulleres e ciencia (2006); o investigador Manuel Castells (2007); o Canal Arte (2008); o escritor libanés de lingua francesa. Amin Maalouf (2009); e o ano pasado o diplomático e político exipcio, Mohamed el-Baradei.