O día 18 de abril abre o prazo para inscribirse nas oposicións de educación

O portal educativo da Consellería publica hoxe a convocatoria, que se reflectirá no DOG nos próximos días

O prazo estará aberto ata o vindeiro 9 de maio

Mér, 12/04/2017 - 09:34

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no portal educativo a orde do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso aos corpos de mestres e de profesores técnicos de formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres  da Comunidade Autónoma de Galicia (http://www.edu.xunta.gal/portal/oposicions2017 ). Deste xeito, a Xunta cumpre co compromiso de convocar as oposicións en prazo – a convocatoria do pasado ano 2016 foi publicada no DOG o 19 de abril – e coa debida seguridade xurídica para os aspirantes. Nos próximos días a convocatoria será publicada no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 18 de abril e rematará o 9 de maio de 2017. Este prazo xa inclúe os dous días de traballos de mellora no sistema informático desta Consellería que se anunciarán coa debida antelación a través dos seguintes enderezos electrónicos: http://www.edu.xunta.es/portal e http://www.edu.xunta.gal/oposicions.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para iso poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Como vén sendo habitual, o inicio das probas selectivas realizarase unha vez rematado o curso escolar. A distribución de prazas por especialidade queda como segue:

             

CORPO

ACCESO

INGRESO

TOTAL

Profesores de ensino secundario

108

432

540

Profesores técnicos de formación profesional

--

80

80

Mestres

--

400

400

Profesores de música e artes escénicas

23

--

23

TOTAL

131

912

1.043

 

Especialidade

Prazas A2-A1

libre

Total

 

Profesores de ensino secundario

 

Lingua Castelá e Literatura

12

50

 

Xeografía e Historia

13

50

 

Matemáticas

20

80

 

Física e Química

13

50

 

Bioloxía e Xeoloxía

9

30

 

Inglés

12

50

 

Educación Física

5

20

 

Lingua Galega e Literatura

12

50

 

Análise e Química Industrial

3

15

 

Asesoría e Imaxe Persoal

3

12

 

Hostalaría e Turismo

3

15

 

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

3

10

 

TOTAL

108

432

540

 

Profesores técnicos de FP

 

Cociña e pastelería

 

10

 

Equipos Electrónicos

 

18

 

Laboratorio

 

14

 

Mantemento de vehículos

 

18

 

Sistemas e Aplicacións Informáticas

 

20

 

TOTAL

-

80

80

 

Mestres

 

Educación Infantil

 

50

 

Lingua estranxeira: Inglés

 

45

 

Lingua estranxeira: Francés

 

20

 

Educación Física

 

35

 

Música

 

35

 

Pedagoxía Terapéutica

 

80

 

Audición e Linguaxe

 

70

 

Educación Primaria

 

65

 

TOTAL

-

400

400

 

Profesores de Música e Artes Escénicas

 

Especialidade

Prazas
A1-A1

libre

Total

Acordeón

2

 

 

Clarinete

2

 

 

Guitarra

2

 

 

Frauta Traveseira

1

 

 

Óboe

1

 

 

Piano

5

 

 

Viola

1

 

 

Violín

2

 

 

Violoncello

1

 

 

Linguaxe Musical

6

 

 

TOTAL

23

-

23