Xesús Vázquez Abad asiste á conferencia de Educación que se celebrará en Madrid

Mar, 22/03/2011 - 12:54

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistirá á Conferencia de Educación que se celebrará en Madrid. No encontro estarán presentes os representantes de Educación de todas as comunidades autónomas, e nela se trataran temas en torno á Formación Profesional e o plurilingüísmo.

Neste sentido cómpre destacar que a actual administración galega aprobou o decreto de Formación Profesional e xa ten adaptados 28 currículos, que se irán incrementando en vindeira datas.

Por outra banda no relativo ao plurilingüísmo a Consellería de Educación recorda que máis de 29.000 galegas e galegos están a mellorar as súas competencias en linguas estranxeiras ao abeiro das medidas impulsadas no marco do Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras. Ademais na convocatoria da nova rede de centros plurilingües de Galicia deste curso foron creados os 58 primeiros centros plurilingües, e as seccións bilingües, que se duplicaron – ata chegar ás 1.519 actuais- respecto das creadas no período 1999-2008.

Ademais este ano se incrementan nun 40% as estadías formativas en idiomas, así se beneficiaran 3.730 estudantes que poderán mellorar as súas competencias en ‘vilas inglesas’ en Galicia, como no estranxeiro, en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña. Unha formación que este ano chega, por primeira vez aos estudantes de Formación Profesional e na que as estadías dos docentes pasaran de tres a catro semanas.

Así a Consellería demostra o seu interese pola formación de estudantes e docentes de todas as ramas educativas, facendo un importante esforzo para que os beneficiarios de todas estas iniciativas sexan cada vez máis.