As condicións meteorolóxicas deixan sen clase a 7918 nenas e nenos

As clases non se suspenderon en ningún centro de ensino

Mér, 22/03/2017 - 13:00

Un total de 7918 alumnas e alumnos de infantil, primaria e secundaria faltaron hoxe a clase por mor das condicións meteorolóxicas nun total de 177 centros de ensino de Galicia, segundo os datos recollidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Os datos por provincias son os que se relacionan nos seguintes cadros:

 

Provincia da Coruña

Nº de alumnos afectados

1360

Nº de centros afectados

14

Concellos afectados

Ames, Melide, Monfero, Ordes, As Pontes de García Rodríguez, Santiago de Compostela, Santiso, As Somozas e Tordoia

Centros con clases suspendidas

Ningún

 

 

Provincia de Lugo

Nº de alumnos afectados

1449

Nº de centros afectados

48

Concellos afectados

Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castroverde, O Corgo, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Portomarín, Rábade, Xermade, Baleira, Baralla, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.

 

Centros con clases suspendidas

Ningún

 

 

Provincia de Ourense

Nº de alumnos afectados

2935

Nº de centros afectados

65

Concellos afectados

Amoeiro, Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, Coles, Maside, A Peroxa, San Cristovo de Cea, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, San Amaro, Allariz, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, Castrelo do Val, Celanova, Cualedro, Entrimo, Laza, A Merca, Monterrei, Muíños, Oímbra, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Verín, Vilar de Barrio, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, A Pobra de Trives, Riós, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, O Barco de Valdeorras, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.

 

Centros con clases suspendidas

Ningún

 

 

 

Provincia de Pontevedra

Nº de alumnos afectados

2174

Nº de centros afectados

50

Concellos afectados

Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Centros con clases suspendidas

Ningún